Cita a cegas no Museo Sabela Santos: "A programación educativa, a través de experiencias e emocións, é prioritaria para o Museo de Pontevedra"
Hoxe adentrámonos no edificio Castelao guiados por Sabela Santos, responsable de Educación. Falamos das novidades na programación educativa que ofrecen e dos novos recursos didácticos que están estreando. Ademais, asistimos á chegada de dous grupos de escolares para unha visita guiada e para unha das actividades específicas que oferta o Museo con motivo das Letras Galegas: un obradoiro con Polo Correo do Vento. Desde 2017, son máis de 20.000 os nenos e nenas de centros de ensino que pasaron polo Museo participando nas visitas e actividades educativas.
Redacción
Pontevedra | 04.05.2022 13:57