Viascón, Pontevedra, Lugo e Caracas son os lugares do mundo que hoxe conectamos a través da música seguindo as pegadas de Ricardo Portela no centenario do seu nacemento que se conmemora esta semana. Cada quince días estamos alén do mar co músico pontevedrés Óscar Ibáñez grazas a historias musicais cheas de viaxes e de persoeiros pontevedreses. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a sección con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra".