A última e marchamos

"Tierra de Nadie", a nova canción de Carolina Rubirosa

A compositora e cantante grovense tomou hoxe a última con nós para presentarnos a súa nova canción como adianto do traballo que publicará na primavera de 2021.

Lorena Páramo

Pontevedra | 17.12.2020 16:05

Cada xoves tomamos a última con pontevedreses que nos falan dos seus proxectos. Unha charla coloquial e distendida que esta semana ten como protagonista á compositora e cantante Carolina Rubirosa. Con ela falamos da súa nova canción "Tierra de Nadie"; do videoclip gravado aquí en Galicia e do disco que publicará na primavera de 2021. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra".