Entrevista a Pedro Calvo

Valga recuperará a festa da anguia e caña do país en 2021

O concelleiro de Cultura e Xuventude de Valga confirma que os principais eventos do municipio se celebrarán nun formato diferente e seguro a nivel sanitario

Redacción

Pontevedra | 29.06.2021 14:40

Masiva participación no concello de Valga para contribuir a mellora da estética do municipio. Esta iniciativa, promovida pola administración local, enmárcase na campaña ‘Embelecer Valga’. Para potenciar a implicación social foi deseñado un concurso con premios para recoñecer a mellos intervención.

A nivel cultural, pechouse a recepción de proxectos dunha nova edición de Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo. Foron presentados sete traballos relacionados coas Ciencias Históricas.

Por outra banda, Valga recuperará a festa da anguia, o evento dedicado a caña do país e os concertos musicais. De feito, este sábado 3 de xullo, actuación de Roi Casal, na área fluvial de Vilarello.

Conversamos de estas cuestións con Pedro Calvo, concejal de Cultura e Xuventude de Valga.