Máis de Un Provincia de Pontevedra

Xaquín Moreda: "Santa Clara é coma unha cápsula do tempo"

Visitamos o Convento de Santa Clara co concelleiro de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda, como guía. Por primeira vez, os nosos micros pasean por cada un dos espazos do convento que xa é patrimonio municipal a disposición de toda a cidadanía de Pontevedra. Esta fin de semana o Concello organiza dúas novas xornadas de portas abertas. Anímate a visitar Santa Clara!

Redacción

Pontevedra | 18.05.2022 15:30

Neste enlace directo á nosa web podes volver visitar o Convento de Santa Clara a través da radio.

Galería fotográfica do paseo de Xaquin Moreda e Susana Pedreira.

Video explicativo polo interior do convento para coñecer un pouco a vida de clausura das monxas clarisas.

Concello de Pontevedra
Video descriptivo dunha pequena parte do Convento de Santa Clara na cidade de Pontevedra en compañía de Susana Pedreia, xornalista de Onda Cero Pontevedra e Xaquín Moreda, concelleiro de Patrimonio Histórico, | Onda Cero Pontevedra