Más de Uno Pontevedra

Yoya Blanco: "As mulleres empresarias da cidade de Pontevedra son grandes referentes e merecían unha homenaxe pola súa resistencia na pandemia"

Conversamos coa concelleira de Igualdade, Yoya Blanco, sobre o proxecto "Mulleres da Vila" no marco da programación municipal para conmemorar o 8 - M, Día Internacional da Muller.

Redacción

Pontevedra | 11.03.2021 13:51

Faladoiros literarios feministas, obradoiros nos centros de ensino e un gran mural na rúa Castelao, completan as accións deste ano baixo o lema ‘Feminismo para cambiar o mundo’. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra".