Mas de Uno Pontevedra (17-01-2020)
Comezamos o programa repasando a actualidade do día, marcada polo acordo de orzamentos no goberno local de Pontevedra. Ademais, como cada venres, lembramos as principais noticias que protagonizaron esta semana de xaneiro que hoxe despedimos. Visítanos a mestra e escritora Carmen Quinteiro nunha nova edición de "Venres de conto", e marcamos unha completa axenda cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana.