Más de Uno Pontevedra (17-03-2020)
Abrimos o programa coa actualidade do día marcada pola crise do coronavirus e conversando coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Buscamos a previsión do tempo e abrimos tempo de entrevista con Carmen Quinteiro para coñecer como organiza o traballo docente desde a casa. Falamos de igualdade e diversidade sexual coa concelleira Paloma Castro e a coordinadora do novo "Centro de Información en Diversidade e Sexualidade" (CIDES), Ada Otero. Ademais, completamos o programa con novas recomendacións Cronopios da man de Mercedes Corbillón.