O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, anuncia a posta en funcionamento do Coche de Punto o luns 7 de outubro. Funcionará de luns a venres e a partir do 4 de outubro as persoas interesadas xa poden facer a súa reserva do servizo a través da web e tamén por teléfono da central de reservas: cochedepunto.gal e 986 070 066
Os usuarios e usuarias pagarán, como máximo, 2´15 euros por viaxe; prezo que pode estar suxeito a distintas bonificacións. Haberá 11 paradas urbanas, seis delas teñen que ver con equipamentos sanitarios.