O avance da fibra óptica na provincia de Pontevedra continúa da man do plan ÚNICO-Banda Ancha do Goberno de España. O subdelegado do Goberno, Abel Losada, estivo supervisando os traballos de despregamento na parroquia de Dorrón, en Sanxenxo, acompañado do tenente de alcalde Marcos Guisasola e da concelleira María Deza e agradeceu a colaboración dos 61 concellos da provincia e da Deputación no avance da conectividade. Desta volta visitou as obras que está a executar a empresa Avatel, concesionaria da convocatoria da subvención estatal do Plan ÜNICO 2022-2023. No Concello de Sanxenxo, quedarán conectadas cara finais de xuño un total de 700 unidades inmobiliarias e ao longo do ano un total de 1.064. Os cálculos indican que outras 900 vivendas e/ou empresa de Poio beneficiaranse da conectividade e o resto pola zona da parroquia de Lérez en dirección a Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade a partir da Piolla.