O Auditorio da Xuventude da vila natal de Ramón Cabanillas, un dos autores galegos que Takekazu Asaka traduciu ao xaponés, acollerá o acto, unha sesión de entrada libre ata completar a capacidade da sala, que poderá seguirse tamén en directo desde www.academia.gal. Trala lectura do seu discurso, daralle resposta en nome da institución o académico de número Francisco Fernández Rei, natural tamén de Cambados.
Membro corresponsal da RAG desde 2017, Takekazu Asaka leva máis de tres décadas estudando o galego e a súa literatura, e contribuindo ao seu coñecemento no seu país. Sobre esta proxección exterior falará a súa intervención, titulada 'Do poñente ao nacente. Unha ollada dende Xapón á lingua e á cultura galegas'.