O alcalde e portavoz do Goberno, Miguel Anxo Fernández Lores, anuncia a aprobación da nova oferta de emprego público do Concello de Pontevedra correspondente ao ano 2024. En total, o Concello ofrecerá un total de 26 de prazas, 12 delas de promoción interna, 1 de mobilidade e 13 de acceso libre.
A relación completa é a seguinte:
Escala de administración xeral
- 1 Técnico/a A1 (1 de promoción interna)
- 3 Técnico/as medio A2 (3 de promoción interna)
- 6 Administrativos/as C1 (3 de acceso libre / 3 de promoción interna)
- 5 auxiliares C2 (2 de acceso libre / 3 de promoción interna)
- 2 Subalternos AP (2 de acceso libre) Escala de administración especial
- 1 Técnico/a medio relacións laborais A1 (1 de acceso libre)
- 1 Traballador/a social A2 (1 de acceso libre)
- 1 Axente de Igualdade A2 (1 de acceso libre)
- 1 Técnico/a Auxiliar de Proxectos C1 (1 de acceso libre)
- 1 Policía C1 (Mobilidade)
- 1 Oficial canteiro/a C2 (1 de promoción interna)
- 1 Oficial condutor mecánico/a C2 (1 de promoción interna)
- 2 Operario/a AP (2 de acceso libre)
Ademais, quedan reservadas 2 prazas para persoas con discapacidade, sendo estas de quenda libre e unha delas reservada para persoas con discapacidade intelectual.
- Doutra banda, Fernández Lores sinalou que a taxa de cobertura temporal das prazas estruturais do Concello na actualidade é do 4,85 % para un total de 535 prazas dentro do cadro de persoal do Concello de Pontevedra. «Trátase dunha cifra realmente boa, pois a media desta taxa de temporalidade situase por riba do 20 % de media no conxunto das administracións do Estado», comentou. «Somos unha administración pioneira ao baixar do 5 % neste sentido».