Cultura audiovisual

Eduardo Casanova, Lois Patiño, Paula Ortiz e Víctor Iriarte estrean as previas dos Feroz 2025 en Pontevedra

A programación audiovisual que se realizará antes da Gala do 25 de xaneiro iniciarase este outubro con catro proxeccións de balde no Pazo da Cultura e na Facultade de Ciencias da Comunicación

Redacción

Pontevedra | 19.09.2024 14:52

Miguel Anxo Fernandez Lores, alcalde de Pontevedra
Miguel Anxo Fernandez Lores, alcalde de Pontevedra | Onda Cero Pontevedra

Os Premios Feroz 2025 achéganse cara Pontevedra do mesmo xeito que o calendario avanza. Neste marco, o alcalde da capital, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado da coprodutora executiva dos Feroz, Laura Seoane, e o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Domínguez; participaron na presentación da programación do mes de outubro como previa a celebración da Gala dos Premios Feroz na cidade.

A nomeada gala, que se celebrará o sábado 25 de xaneiro no Recinto Feiral, virá precedida dunha ampla programación que se prolongará ao longo de todo o outono e parte do inverno, e que convocará en Pontevedra a algúns dos creadores e creadoras de cinema e series españolas.

Deste xeito, en outubro iniciarase un ciclo de proxección de películas gañadoras e nomeadas nos Premios Feroz Arrebato nos últimos anos, destinados a aquelas obras que merecen ser recoñecidas polos seus logros específicos no apartado artístico ou pola súa innovación.

Programación

• Venres, 4 de outubro, 18.30h - Proxección de ‘La piedad’ con Eduardo Casanova, película protagonizada por Ángela Molina, gañadora no 2022 do Premio Feroz Arrebato de ficción. Lugar: Pazo da Cultura.

• Mércores, 16 de outubro, 18.30h - Proxección de ‘Samsara’ con Lois Patiño, que ao seu paso pola Berlinale 2023 alzouse co Premio Especial do xurado na sección ‘Encounters’ (ex aequo). A película foi candidata ao Premio Feroz Arrebato de No Ficción en 2024. Sesión en colaboración con Novos Cinemas. Modera Suso Novás. Lugar: Facultade de Comunicación - Sala de cine

• Mércores 23 de outubro, 18.30h - Proxección de ‘Sobre todo de noche’ con Víctor Iriarte, película protagonizada por Lola Dueñas e Ana Torrent. Gañadora do Premio Feroz Arrebato de Ficción este mesmo 2024. Lugar: Facultade de Comunicación - Sala de cine.

• Mércores 30 de outubro, 18.30h - Proxección de ‘Teresa’ con Paula Ortiz, baseada no texto de Juan Mayorga (‘La lengua en pedazos’) que afonda na figura da relixiosa coma unha arma subversiva, encarnada en Blanca Portillo. A película foi candidata ao Premio Feroz Arrebato de Ficción no 2024. Modera Pedro Vallín. Lugar: Facultade de Comunicación - Sala de cine.

As entradas a todas as sesións son de balde previa retirada de localidades na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra desde sete días antes de cada actividade e até completar o foro. Repartiranse un máximo de catro entradas por persoa.

Remate de ano

Por outra banda, as actividades previas continuarán en novembro con novas convocatorias e propostas. Xa en decembro e xaneiro, tras anunciarse os nomeamentos aos Feroz 2025 e unha vez que se coñeza a personalidade distinguida co Feroz de Honra, proxectaranse algunhas das películas e series con opcións de facerse cunha figura na gala do 25 de xaneiro, e un ciclo especial dedicado ao premio honorífico desta 12ª edición.

En suma, proxeccións e coloquios que van máis aló dos galardóns anuais, reafirmando a vocación dos Feroz como punto de encontro para celebrar os logros artísticos, pero tamén como espazo de reflexión coa sociedade mesma.

Presentación Feroz en Pontevedra

Pontevedra convértese en sede dos Premios Feroz nas edicións de 2025 e 2026

Reaccións da crítica especializada

David Martos, coordinador de Kinótico, celebra a aposta do concello de Pontevedra por acoller dúas edicións duns premios do audiovisual consolidados

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora