Durante dez días, a vila pontevedresa servirá miles de racións de marisco a prezos populares e espera a visita de 120.000 persoas de dentro e fóra de Galicia. Ademais, os concertos do Marisco son un atractivo extra que se suman á boa cociña e aos mellores produtos.
O cartel dos Concertos do Marisco 2024 presenta unha programación diversa con máis de vinte artistas, entre figuras do pop e o rock español xunto a bandas locais e do panorama musical galego.
A programación prevista é a seguinte:
- 3 de outubro: Caballito e Freshkiños (apertura)
- 4 de outubro: The Rapants, Mondra e DJ Djow
- 5 de outubro: Delaporte, Carlangas y los Cubatas, Serial Killerz
- 6 de outubro: Cinco en Zocas e Guadi Galego
- 7-9 de outubro: actuacións de bandas locais como Os Firrás, Arroba de Viño, Fla-Meco e A Banda do Sequío
- 10 de outubro: Os Carismáticos e Santero y los Muchachos
- 11 de outubro: Queralt Lahoz, Ariel Rot e DJ Nanein
- 12 de outubro: La Pegatina, Terrae e DJ Manu TF