Mobilidade en Pontevedra

Lores viaxa a Madrid para axilizar a cesión da N-550 e a continuidade do paseo de Marín

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, manterá este martes unha reunión co Secretario de Estado de Transportes y Movilidad Sostenible, José Antonio Santano, José Antonio Santano Clavero para falar destes e outros asuntos importantes para a cidade e a súa contorna.

Susana Pedreira

Pontevedra |

Entrevista en Más de Uno Pontevedra
Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores | Onda Cero Pontevedra

Esta reunión queda enmarcada baixo o paraugas dos distintos acordos pactados durante a investidura do actual presidente do Goberno, acordos nos que se contou coa participación da actual senadora do BNG, Carme da Silva. «Un dos acordos logrados foi o compromiso a continuar o nomeado paseo. A isto tamén se lle uniu a solicitude que presentamos o día 30 de setembro do pasado ano para a cesión da estada N-550 desde Pasarón até Alba». O rexedor quere afondar nestes dous asuntos e solicitar información sobre o estado das alternativas á hora de acometer o paseo a Marín, no tramo que foi adxudicado no seu día para finalmente ficar paralizado até o día de hoxe. «Costas transferiu este asunto ao Ministerio de Transportes e queremos ver como está este asunto, xa que a idea era resolver as inundacións na coñecida como autovía de Marín», indicou.