Vídeo con carta para os Reis Magos

Luis López expresa os desexos da provincia de Pontevedra para un “2025 extraordinario”

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, expresa os desexos da provincia para o novo ano nun vídeo no que escribe a carta para os Reis Magos

Susana Pedreira

Pontevedra |

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, expresa os desexos da provincia para o novo ano nun vídeo no que escribe a carta para os Reis Magos
Luis López expresa os desexos da provincia de Pontevedra para un “2025 extraordinario” | Deputacion de Pontevedra

Unha carta na que López pide “atención e recoñecemento para os concellos”, “experiencias 100 % Rías Baixas para os que decidan visitarnos” e “menos muros e máis pontes que unan persoas e ideas”. A carta remata cunha mensaxe do presidente Luis López: “entre todos faremos do 2025 un ano extraordinario”.

O vídeo está dispoñible para a súa visualización na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=qEI2IGK3Xu0