A iniciativa de Educación e Cultura crece un 95% con respecto a 2023.
- Un total de 254 proxectos foron presentados na categoría de Deporte de Base 3 de outubro do 2024. Un total de 495 iniciativas foron presentadas na nova convocatoria do Plan Social de Ence en Pontevedra dotado con tres millóns de euros. Este rexistro supón un crecemento do 30% con respecto ao número de proxectos da edición de 2023. O Deporte de Base, cun total de 254 proxectos e, Educación e Cultura, que alcanzou 78, foron as áreas de actuación máis solicitadas. Estas cifras representan un crecemento dun 38% e un 95%, respectivamente, con respecto ás iniciativas das mesmas categorías presentadas na edición de 2023. Tamén destacan as 76 actuacións, en Recuperación e Coidado da Contorna, as 55 na área de Promoción da Inclusión Social e as 32 focalizadas en Emprendemento e Innovación.
A listaxe de beneficiarios poderá consultarse a través da páxina web do Plan Social de Ence (plansocialence.es). Ademais, como en convocatorias anteriores, cada solicitante recibirá unha notificación sobre a valoración e o resultado do proxecto presentado.