Organiza o Centro Social A Pedreira

Pontevedra celebra “A Festa da Lingua” o 17 e 18 de maio

Todas as actividades incluídas no programa son abertas, de balde e para todos os públicos.

Susana Pedreira

Ponteveda |

Pontevedra celebra “A Festa da Lingua” o 17 e 18 de maio
Pontevedra celebra “A Festa da Lingua” o 17 e 18 de maio | Cedida polo Concello de Pontevedra

A ‘Festa da Lingua’ promete diversión a esgalla na xornada do 17 de maio, Día das Letras Galegas, organizadores de todas as actividades en colaboración co Concello de Pontevedra, teñen preparadas propostas musicais e de animación tamén para o sábado A programación de ‘Maio, mes da lingua’ avanza aos poucos, artellándose ao redor do 17 de maio, Día das Letras Galegas, como xornada central de celebración. O edil de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez, lembrou esta mañá que todas as actividades fixadas no calendario ao longo deste mes serían imposíbeis de facer sen a colaboración dos colectivos cidadáns e culturais da cidade, sendo boa proba disto a bautizada como ‘Festa da Lingua’ que hoxe foi presentada polo miúdo.

Todas as actividades incluídas no programa son abertas, de balde e para todos os públicos. No primeiro día de actividades, o mesmo 17 de maio, a veciñanza poderá gozar da banda de gaitas Polavila, que percorrerá o rueiro da cidade a partir das 20.30 horas. Ademais, na Praza da Pedreira, ás 21.00 horas, actuarán Os Vacalouras e Catuxa Salom. O sábado, 18 de maio, a rúa Serra vivirá unha xornada emocionante, con xogos populares da man de Sororas desde as 11.00 horas; a animación recoñecida de Peter Punk e o seu espectáculo Peor Impossivel (ás 12.00 horas), e a banda de gaitas Foula.

O xantar popular ten previsto o seu comezo ás 14.30 horas (as crianzas poderán gozar desta actividade de balde, os adolescentes por un prezo de 10 euros e os que teñen 17 ou máis anos, por un prezo de 15 euros), namentres que as reservas poden ser xestionadas no correo electrónico apedreira@iseup.net ou no teléfono 601 981 288.