Os galardóns, entregados pola Asociación de Informadores Cinematográficos de España, deixarán unha pegada de enormes dimensións na cidade de Pontevedra, sendo este un dos eventos máis relevantes e populares dentro da industria cultural de todo o Estado. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; xunto coa presidenta do colectivo, María Guerra; foron os responsábeis de anunciar a noticia de enorme calado xa non só para o municipio, senón para toda a comarca e o país, ao ser Pontevedra a primeira cidade galega en ser sede desta cita en toda a súa historia.
No outono xa comezarán as actividades previas con encontros, charlas e coloquios arredor do audiovisual.