Pontevedra como escenario

Os Premios da Música Martín Códax xa teñen gañadores

Gloría Pavía recibe o galardón como Artista Emerxente do ano e Emilio Cao o Premio Honorífico 2024.

Susana Pedreira

Pontevedra |

Os Premios da Música Martín Códax xa teñen gañadores
Os Premios da Música Martín Códax xa teñen gañadores | Cedida polos Premios Martin Códax da Música

Xurxo Souto e a banda Xangai conduciron o espectáculo no Pazo da Cultura de Pontevedra, na que actuaron artistas como Ugia Pedreira, MJ Pérez, Sofía Espiñeira e Inés Naya. A directiva de Músicas ao Vivo reivindicou no seu discurso a cultura de proximidade e a contratación de bandas e artistas galegos nas programacións musicais.

A festa das músicas e músicos de Galicia recoñeceu co Premio Honorífico a Emilio Cao, e na categoría de Artista Emerxente á compostelá Gloria Pavía. Nas 15 categorías artísticas dos Martín Códax subiron a recoller o melómano deseñado por Victor Lorenzo: Her Anxiety, Guadi Galego, Brais Morán &Nasaufunk, Mondra, Caamaño&Ameixeiras, Os Melidaos, Catuxa Salom, Agrupación Musical de Goián, Terbutalina, hydn, América de Vigo, Carme López, Pablo Sanmamed Trío e Benxamín Otero, Lucía Aldao e Uxía Lambona e a Banda Molona. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Domínguez, entregaron Premios Organistrum a proxectos de comunicación (Miudiño Sessions), festivais (As Nosas Músicas de Couso) e salas (A Arca da Noe) respectivamente.