A iniciativa está dirixida a personas de 50 anos

Varios seminarios da USC enchen de coñecemento o concello de Silleda

Chega ao concello de Silleda o programa de 'Democratización do Coñecemento' da Universidade de Santiago. Será o próximo mes de abril con tres seminarios dirixidos á poboación de máis de 50 anos.

Redacción

Pontevedra | 17.03.2021 15:25

Os seminarios que promove a Universidade de Santiago de Compostela están centrado no Cambio Climático, a Historia da música de Galicia ou a Criminoloxía. Estas tres disciplinas forman parte do programa de democratización do coñecemento definido para un mínimo de quince asistentes. Quen estea interesado ou queira informarse poden chamar nos próximos días á Concellería de Cultura de Silleda. O prazo pechase na antesala do inicio do seminario, o vindeiro mes de abril.

(Entrevista con Mónica González, concelleira de cultura e turismo de Silleda)