Política

O Grupo parlamentario do PSdeG entende que non hai incoherencia entre as dúas posicións que manteñen o PSOE coa Lei do litoral

O portavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez, asegura que non existe ningunha incoherencia entre o expresado polo Delegado, Gómez Besteiro e o Secretario Xeral, González Formoso. Cando o texto definitivo entre no Parlamento de Galicia, ainda non o fixo, os socialistas galegos apoiarán a tramitación do texto. Presentarán enmendas, que non adiantou Álvarez, tendentes a aportar seguridade xurídica a Lei. Alvarez mantiña en Onda Cero, en La Brújula de Galicia, que a reforma do Estatuto tería sido a solución máis fácil. Pero chegados a este punto presentarán enmendas para evitar, dicía, que o Estado presente unha recurso de inconstitucionalidade á Lei.

Redacción

Santiago de Compostela | 04.05.2023 11:06