Traballadoras das escolas infantís de xestión privada manifestáronse nas últimas horas en Santiago. Reclaman un incremento salarial, así como unha baixada de alumnos por aula.
En Onda Cero, Raquel Carballo, delegada de Comisións Obreiras de Ensino Infantil, denunciaba que o salario medio non chega ao mínimo interprofesional. Asegura que esta situación non sería a mesma se non fose un sector no que o 98,9 por cento dos empregados son mulleres.
O día 24 teñen unha nova mesa de negociación, a duodécima. En función do que saia desa reunión decidirán se convocan ou non novas mobilizacións.