Avance Noticias Mediodía Galicia

Os alcaldes de Vigo, Lugo e Pontevedra evalúan hoxe con Sanidade a situación epidemiolóxica

Os rexedores municipais reciben hoxe información das súas cidades antes de que mañá se reúna o comité clínico.Pendentes tamén do que poda decidir o Consello da Xunta de Galicia. En Santiago, a policía local intensifica os controis dos peregríns que chegan a capital galega.

Marta Rodríguez

Galicia - Santiago de Compostela | 29.10.2020 13:32 (Publicado 29.10.2020 10:51)

En Noticias Mediodía Galicia (14h20) avanzaremos os principais contidos do Consello da Xunta que se celebra arestora en San Caetano. Na reunión do Goberno galego aprobarase o teito de gasto para a elaboración dos orzamentos autonómicos. O presidente, Alberto Núñez Feijoo, adianta que son unhas contas de 11.500 millóns de euros para acometer a "loita contra a pandemia e a recuperación económica".

En Noticias Mediodía estaremos ademáis no Mercado das Frores. Lugo, e no camiño de Santiago de Compostela para comprobar como se intensifican os controis aos peregríns das máscaras. Unha labor que desenvolve a policia local.