galicia | (Publicado 02.11.2020 12:24 )
Hai nestos momentos 77 persoas ingresadas nas UCIS galegas, tres máis que onte, e 446 máis en camas de planta COvid. Son 38 máis que na xornada de onte. Galicia contabiliza xa 923 persoas mortas con COVID e 9.292 pacientes con infección.Crece a presión hospitalarias e tamén o cansancio dos profesionais do sistema sanitario. Os hospitais de Santiago de Compostela suspenderon as libranzas e vacacións do persoal de enfermería ante a imposibiidade de contración e tras ter esgotada a lista de sustitucións. En Ouresne a comisión de centro do Complexo Hospitalario asegura que o persoal sanitario está comprometido e non fallará na atención a poboación. Pero critica ao SERGAS por non ter aproveitado a desescalada para garantir unhas condicións laboráis dignas e facilitar o descanso dos profesionais.