CEG

Crisis en la patronal gallega tras la renuncia de José Manuel Díaz Barreiros

José Manuel Díaz Barreiros renuncia como presidente da Confederación de Empresarios de Galicia só dous días despois da asamblea na que foi designado. Agrávase aínda máis a crise na patronal galega.

Redacción

Santiago | 27.11.2020 12:43

José Manuel Díaz Barreiros
José Manuel Díaz Barreiros | La voz de galicia

Nun comunicado explícase que malia que Díaz Barreiros considera o proceso electoral democrático e celebrado baixo as directrices da Confederación de Empresarios, opta pola renuncia para protexer a imaxe da institución e despois de que varios asociados se dirixisen por escrito á secretaría da patronal para recabar información sobre o proceso e poñendo en dúbida a súa correcta celebración. Escritos asinados por os representantes de Asime, Cegasal, Cece Galicia, por certo quenn fora tamén breve presidente da patronal, António Diéter Moure e o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiros, quen na Asamblea foi un dos que elixiron por aclamación unánime a Díaz Barreiros. A controversia vén porque o outro candidato, Pedro Rey, retirou a súa candidatura minutos antes da asamblea. Nos días anteriores Díaz Barreiros e Rey comprometéranse a ser leais sexa cal fose o resultado. De novo a incertidume se instala na patronal galega.