Falando de Galicia con Marta Rodríguez. Control técnico Carlos Otero

Noticias Mediodía Galicia 02/11/2020

Feijóo asegura que non avisaron do peche perimetral das urbes para "que non se baleiraran as cidades". O presidente da Xunta lamentaba o dano que se lle fixo a hosteleria coa decisión de convivintes e o peche perimetral das cidades, sin embargo mantén que a prioridade é a sanidade

Marta Rodríguez

Galicia - Santiago de Compostela | 04.11.2020 11:26 (Publicado 02.11.2020 14:08)

O presidente do Executivo galego recoñecía que o ter decretado o peche das cidades as tres da tarde do venres respondeu á necesidade de evitar os traslados das cidades a outros concellos. Feijoo xustificaba a premura da medida e o non ter avisado con antelación para que "non se baleiraran as cidades".

Mañá reunión do comité clínico para evaluar as medidas e no seu caso modificalas. Hoxe en Noticias Mediodía Galicia contamos como transcurriu a fin de semana de Difuntos nas cidades perimetradas e coa única alternativa de reunión con convivintes.