CEG

O empresario ourensán José Manuel Díaz dirixirá a patronal galega

José Manuel Díaz Barreiros partía como favorito e a retirada do outro candidato, Pedro Rey, deixoulle o camiño libre para ser o novo presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.

Terá que afrontar un reto importante: pechar as fendas abertas nos últimos anos no seo da patronal galega. Díaz Barreiros, ourensán, cunha traxectoria profesional vencellada aos eidos da asesoría, xestoría e correduría de seguros. Dende hai anos forma parte da comité executivo da Confederación de Empresarios de Galicia, e da patronal de Ourense. Foi un home próximo ao falecido José Manuel Pérez Canal, quen fora presidente dos empresarios de Ourense que se postulou, no seu día, para presidir a patronal galega.

Redacción

Santiago de Compostela | 24.11.2020 13:29

O empresario ourensán José Manuel Díaz dirixirá a patronal galega
O empresario ourensán José Manuel Díaz dirixirá a patronal galega | Archivo Europapress