Nesta iniciativa, pioneira en España, participan 51 oficinas

As farmacias ourensáns realizan máis de seis mil test

Esta iniciativa, para realizar os test antíxenos, foi posta en marcha hai dúas semanas e os ourensáns están respondendo.

Marta Rodríguez

Santiago de Compostela | 02.11.2020 10:25 (Publicado 02.11.2020 10:20)

As farmacias ourensáns realizan máis de seis mil test
As farmacias ourensáns realizan máis de seis mil test | onda cero compostela

A rede de farmacias comunitarias da provincia de Ourense que participa no estudio edpidemiolóxico para detectar posibles casos de asintomáticos de coronaviruas realizaron máis de 6.000 test rápidos nas súas oficinas. Trátase dunha medida pioneira en España cuia misión é "contribuir a frear a curva de contaxios na provinicia", asegura Leyes Vence presidente do Colexio de Farmacéuticos de Ourense.

A campaña que comenzou con polémica está obtendo un "bo ritmo e éxito" entre os ourensáns, sen descartar que se extenda a todas as farmacias de Galicia.

O Colexio ourensán mantén que a "seguridade da iniciativa para os farmacéuticos está garantizada en todo momento". A iniciativa contou co respaldo do Consejo General de Colegios Farmacéuticos de España e dos Colexios Oficiais da Coruña, Pontevedra e Lugo.