Galicia - Santiago de Compostela | (Publicado 03.11.2020 11:03 )
Siguen crecendo as hospitalizacións. Hoxe hai 23 pacientes máis nos hospitais que hai 24 horas. 79 persoas están ingresadas en críticos, hai 2 persoas máis nas UCIS que onte. 466 persoasestán nunha cama de plata COVID, son 20 máis que hai 24 horas. Onde sí hai un descenso é no número da casos detectados por PCR nas últimas 24 horas, hoxe son 425, 172 menos que o lúns.
Onte foi unha xornada tráxica en canto a mortes de persoas con COVID. Vinteunha persoas faleceron con coronavirus en Galicia. Tiñan entre 59 e 96 anos e dez delas procedían de residencias. É a cifra máis alta de mortes nunha soa xornada nesta segunda vaga da pandemia, só comparable ás de principios de abril. Van xa 944 falecidos.
O xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, Félix Rubial considera que as restriccións sanitarias están funcionando cun descenso dun 20% dos casos na provincia nas duas últimas semanas. Sen embargo chama a non confiarse porque van xa 240 falecidos e a presión hospitalaria segue a ser alta. Asemade lembra o xerente da área sanitaria de Ourense que o virus tamén afecta a persoas xóvenes coma un mozo de 34 anos sen patoloxías previas que acaba de abandoar a UCI.