Eleccións europeas

González Casares (PSOE): «Os cidadáns teñen que votar dun xeito masivo o domingo, xogámonos o modelo europeo»

Nicolás González Casares é o candidato do PSdG-PSOE nestas eleccións. Estivo en entrevista en Onda Cero Galicia.

Ángeles San Luis

Santiago |

Entrevista ao candidato do PSdG-PSOE, Nicolás González Casares, en Galicia en la onda

O candidato socialista, Nicolás González Casares, aspira a repetir como eurodeputado. Insiste en que estas eleccións son «crucias». Advierte que está en xogo o modelo de Europa que «trouxo oportunidades a Galicia».

Balance deste último mandato

González Casares cualifica estes últimos anos como «moi intensos»; marcados na UE pola pandemia e a invasión rusa de Ucraína. Lembra o candidato do PSdG a súa participación activa na transformación do mercado eléctrico europeo. «Os galegos están máis tranquilos coa factura da luz» grazas a ese traballo, salienta. También fai fincapé na resposta que Europa lle deu á pandemia da Covid-19 coa consecución de vacinas para todos os estados membros.

Prioridades no novo mandato

Nicolás González Casares marca como unha das súas prioridades, de saír reelixido eurodeputado, conquerir que haxa un comisario exclusivo de pesca. Asimesmo, fixa como prioridade seguir avanzando cara unha transición enerxética na que Galicia teña «oportunidades industriais».