Apunta que Europa está nunha encrucillada e que este domingo tén que elixir un camiño, «entre as forzas ultraconservadoras que unicamente pensan no mercado», sinala, ou «os que apostamos por unha Europa máis social e xusta».
Balance deste último mandato
O candidato de Sumar fai un balance con luces e sombras destes últimos anos de políticas promovidas desde a UE. No balance positivo salienta a reposta que se lle deu á pandemia é a crise enerxética derivada da invasión de Ucraína; así como a aposta pola transición enerxética, na que coida que Galicia pode xogar un papel importante. «Galicia tén un gran potencial» que debe de ser desenvolvido «cun máximo respeto ao territorio», engade. No balance negativo Villoslada encadra o recente pacto pola migración e asilo, «a falta de acordo na resposta ao xenocidio palestino e a volta ás regras de austeridade fiscal», enumera.
Prioridades no novo mandato
En entrevista en Galicia en la onda, Juan Díaz Villoslada expuxo cales serían as súas prioridades de saír elixido: fomentar unha lexislación europea en materia de vivenda protexida que obrigue aos estados membros e o impulso a cuestións pendentes en materia de infraestructuras galegas.