O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, explica que se pechan as aulas pero continúa o traballo na Administración xa de cara ao próximo curso 2024/2025. A semana que vén levarán á mesa sectorial a instrucción para o ordenamento da nova Formación Profesional e estáse a desenvolver o acordo asinado cos sindicatos para a reducción das ratios xa o próximo curso. Son algúns dos asuntos que enumeraba.
Son 613 os centros inscritos no E-Dixgal no vindeiro curso; son 17 menos que o actual. Insiste Román Rodríguez en que se trata dun programa voluntario e híbrido. «Traballamos todos os anos para melloralo», afirma. O conselleiro sinala que o sistema educativo non se pode manter á marxe da contorna dixital. Tamén reitera que, desde comezos deste ano, o E-Dixgal dispón dun dobre control parental, xa non só dentro da rede corporativa da Xunta, dentro dos centros escolares, como sucedía inicialmente, senón tamén nos ordenadores para cando o alumnado os leva ás súas casas.
O titular de Educación, Ciencia, Universidades e FP estivo en entrevista en Onda Cero Galicia tras participar no acto de recoñecemento ao alumnado con mellores notas na EBAU. Ao respecto na nova proba de acceso á Universidade, anunciada polo Ministerio, Román Rodríguez afirma que non houbo vontade de acordo coas comunidades autónomas e coida que se trata dunha solución parcial, que non servirá para rematar coas diferenzas entre as 17 probas de acceso existentes ao sistema universitario español.