Ciencia

Los pacientes del Hospital Clínico podrán seguir diálisis mientras duermen en casa

El Servicio de Nefrología del Área Sanitaria de Santiago de Compostela y Barbanza implata el proyecto HomeChoice Claria, un sistema de diálisis peritoneal automatizada. Esta modalidad de tratamiento sustitutivo renal permite a los pacientes tratarse en su domicilio mientras duermen.

ondacero.es

Santiago de Compostela | (Publicado 12.11.2020 10:14 )

Los pacientes del Chus podrán seguir diálisis mientras duermen en sus domicilios | Equipo de Nefroloxía do CHUS

O Servizo de Nefroloxía da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza ven de implantar o proxecto HomeChoice Claria, un sistema de diálise peritoneal automatizada (a modalidade de tratamento sustitutivo renal que permite aos pacientes tratarse no seu domicilio mentres dormen) que incorpora Sharesource, unha nova plataforma de comunicación e xestión remota bidireccional baseada na nube, para a telemonitorización do paciente.

Con ela, os profesionais sanitarios poderán dispoñer de acceso aos datos máis relevantes do tratamento domiciliario do paciente, sen necesidade de que este se desprace ao hospital ou ao centro de diálise. O sistema recompila automaticamente os datos do tratamento de diálise que o paciente realiza diariamente no seu domicilio e organízaos nun informe ao cal o persoal sanitario da UDD pode acceder e consultar facilmente as 24 horas do día, sete días á semana, 365 días ao ano.

Así, “baseándose nesta información precisa, mellórase a capacidade de resposta ante calquera incidencia, facilitando un seguimento clínico máis estreito e o axuste de maneira remota das pautas de tratamento de diálise prescritas”, subliña Rafael Alonso, responsable da Unidade de Diálise Domiciliaria. “Igualmente, a plataforma asegura un aumento do control, a seguridade e a adherencia do paciente ao tratamento, un dos retos máis importantes que ten por diante o sistema sanitario”, engade o Dr Alonso.