Nos primeiros anos do século IX (o ano 813 é o máis probable) o bispo de Iria Flavia, Teodomiro, por indicación dun eremita chamado Pelagio, examina o mausoleo que recoñece como o do Apóstolo Santiago, baseándose na tradición oral segundo a cal Santiago predicara no "finis terrae" hispano e sufrira martirio despois do seu regreso a Palestina. Os discípulos Atanasio e Teodoro trouxeron de novo o seu corpo decapitado, e para isto desembarcaron en Iria Flavia, a vinte km, e trasladárono ata o monte Libredón, onde o enterraron nunha arca de pedra, segundo conta a lenda.
O rei asturiano Alfonso II trasladouse desde Oviedo con toda a súa corte e recoñeceu a existencia do sepulcro do Apóstolo Santiago; nese mesmo momento declarárono Santo Patrón do reino e converteron o lugar no centro dun culto capaz de aglutinar a cristiandade de Occidente fronte á expansión musulmana. A fundación da cidade dátase no ano 830. Tamén se constrúe a primera igrexa de Santiago, un sinxelo templo que acollía no seu interior un mausoleo de época romana.