Santiago de Compostela | (Publicado 05.11.2020 12:22 )
En Noticias Mediodía Galicia (14h20) contarémoslles as medidas que adopta o Consello do Goberno galego para paliar os efectos económicos polo peche da hostelería. Ademáis estaremos co sector, nas distintas cidades, reflexando as súas queixas. Estaremos tamén no Parlamento de Galicia onde se desenvolve a comisión de Reconstrucción.
Evitar con todas as ferramentas un novo confinamento. Santiago Lago director do Foro Económico indica na comisión de reconstrucción do parlmaneto de Galicia que o peor dos escenarios sería volver a un confinamento como marzo que provocaría unha caída do PIB do 20 por cento.
En canto os datos de hoxe…Os pacientes con Covid-19 en Galicia hospitalizados aumentaron ata os 577, o que supon 14 máis que os rexistados o mercores, pero descendeu en un os ingresados en Uci, que se sitúan en 79.