Confirmada a variante Delta

O SERGAS fará cribados a 90 estudiantes que chegarán de Maiorca nas próximas horas

Sanidade confirma a presenza da variante Delta, a máis contaxiasa, nunha porcentaxe importante dos estudiantes infectados no megabrote das Baleares. Nas próximas horas está previsto que volten a Galicia case un cento de mozos aos que se someterá a probas PCR nos aeroportos de destino. Pontevedra segue a concentrar a meirande parte dos casos. O conselleiro Julio García Comesaña explicou que o próximo comité clínico avaliará a situación polo miúdo.

ondacero.es

Galicia | 28.06.2021 12:46