Comezamos a viaxe desta tarde con actualidade e facendo unha primeira parada no Concello de Sober. Coa directora de escena Marta Pazos viaxamos ata Madrid para a estrea de «Siglo mío, bestia mía» no Centro Dramático Nacional. Ademais, practicamos gastrocultura coa Revista Pincha como guía e co hosteleiro Martín Pais do Restaurante Orixe como convidado. O destino final de hoxe é Caldas de Reis: vila termal e Vila en Flor na provincia de Pontevedra.