Entrevista ao secretario xeral do PPdG na Brújula de GaliciaTellado dí que a oposición está «ensimismada» e desatende as prioridades dos galegos
O secretario xeral do PPdG afirmou nos micrófonos de Onda Cero Galicia que Gonzalo Caballero adicou o verán a liortas internas e Ana Pontón a decidir «se está no Parlamento 24 anos ou se con 20 lle chegan». Dixo que «cantos máis problemas internos teñen, máis critican a sanidade pública galega». Tellado afirmou que o Partido Popular, no inicio do curso político, volveu a demostrar a súa unidade e cales son as súas prioridades. Acusou ao Goberno de Pedro Sánchez de non prestar atención aos problemas de Galicia, a pesares de ter dúas vicepresidentas galegas, Nadia Calviño e Yolanda Díaz. Delas dí que «non lle aportan nada a Galicia».
ondacero.es
Galicia | 30.08.2021 20:20