Ana Pontón en entrevista en Onda Cero Galicia

"Traballarei sen descanso para poder liderar Galicia"

Tras a asamblea na que foi reelexida portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, atendeu hoxe a Onda Cero Galicia no Parlamento. Nunha entrevista cos Servicios Informativos , Pontón promete traballar "sen descanso" para conseguir liderar Galicia.

Entre os seus retos está o de ampliar a base social e entre as súas preocupacións, a mocidade, á que ve "unha xeración perdida estafada polo Partido Popular".

Pontón asegura que o BNG sae "máis unido ca nunca" desta asamblea e di ter "as mans libres para defender os intereses dos galegos".

Redacción

Galicia | 09.11.2021 13:56