Ademais, destacan que se trata de “espazos de socialización, que favorecen a relaxación da atención necesaria para manter as medidas individuais de prevención —uso de máscara e mantemento da distancia de seguridade—, ao que pode contribuír o consumo de alcol”. Por outra banda, indican que o plan elaborado pola Xunta para o lecer nocturno establece dous niveis, con diferentes requisitos, aos que se poden acoller os locais, de maneira que ningún establecemento se verá obrigado a pedir o certificado, pois só deberán requirilo aqueles “favorecidos por unha ampliación de capacidade e de horario”.
“Non se pode falar dun sacrificio desproporcionado cando a exhibición do certificado se esixe para o desenvolvemento dunha actividade de lecer onde a entrada ou o acceso ao establecemento é voluntaria para calquera persoa e onde a medida cumpre unha función que non só é a de evitar contaxios, senón tamén minimizar os riscos”, subliña a sección terceira da Sala do contencioso-administrativo do TSXG, á vez que recalca que a medida pretende “evitar ou limitar atransmisión da infección, truncar a propagación da COVID-19 e interromper a cadea decontaxios”. Así, lembra que é unha “evidencia científica” que a transmisión do virus entre os vacinados é “moito menor á dos non vacinados”. Os maxistrados, por tanto, entenden que a medida é idónea.