Entrevista na Brújula de Galicia A Valedora do Pobo conclúe a investigación de oficio sobre as residencias da terceira idade
As conclusións da investigación aberta pola Valedora formarán parte da memoria que proximamente será levada ao Parlamento. Nela figuran cuestións como o material que estivo a dispor do persoal durante os primeiros meses da pandemia, os protocolos para derivar maiores aos hospitais ou o regulamento das visitas e contacto co exterior. Así o explicou María Dolores Fernández Galiño, Valedora do Pobo, no tempo de entrevista na Brújula de Galicia de Onda Cero.
Asimesmo, confirmou que desde o pasado setembro hai unha tendencia á alza na presentación de queixas. A semana pasada abriu de oficio unha investigación sobre a problemática eólica.
ondacero.es
Galicia | 31.05.2021 20:29