Iván Alonso, foi o gran protagonista desta dura xornada, na que arrebatou dúas chapas; unha de prata na proba individual de K-1 o sábado e outra de ouro xunto co seu compañeiro de K-2 Emilio Merchán o domingo. Máis de 30 kilómetros que o padexeiro Iván Alonso tivo que percorrer o sábado e volver a repetir o día seguinte. Alonso, que hai uns meses recibiu a medalla de bronce ao mérito deportivo, confirmou a súa valía neste campionato.
Alonso e Merchán partían como favoritos, e non defraudaron, foron superiores a nivel físico e mental respecto aos seus rivais; os húngaros Adrián Boros e Laszlo Solti. Tamén foron acompañados no podio por Álvaro F.Fiuza e Walter Bouzán, que quedaron cunha merecida medalla de bronce.
Pola súa parte, Graña e Ferro en C-2 perderon o ouro no último momento, que o arrebataron os húngaros Adán Dcoze e Marton Kuver; unha prata inxusta que non deixa de ser un bo resultado.
Destacou Mosquera en C-1, que arrebatou a primeira chapa da xornada, unha plata moi loitada no que o padexeiro do Ría de Betanzos celebrou.
Por último, sabor agridulce na mesma proba, C-1, onde o tudense Manuel Garrido non puido subir ao podio, quedando en cuarta clasificación.
A xornada viuse afectada polo trato que a Federación Española de piragüismo tivo cos deportistas, os cales tiveron que abonar entre 800 e 900€ para competir nesta proba representando a España. A Federación, que non so non axudou economicamente aos padexeiros, obrigou a levar nos barcos propios as pegatinas dos patrocinadores oficiais, tal como especifica a normativa, inxusta según o protagonista, dos cales os padexeiros non viron euro algún. O piragüista tamén se queixou no seu perfil persoal da rede social Facebook, de que a Federación tampouco lles deixaban elixir o aloxamento, polo que tiveron que pagar do seu peto 36€/noite nun hostal de Lituania onde as habitacións “eran ridículas, con literas enanas e moi incómodas, o peor é que aínda pagando nós, non nos deixan escoller hotel”, pronunciaba Alonso indignado.