Lume en Ponteareas

Un lume arrasa por completo un serradoiro de Ponteareas

Un serradoiro de Ponteareas ardeu ao completo na pasada noite.

ondacero.es

Vigo | 16.07.2015 10:55

Fontes da axencia galega de emerxencias confirman que a pasada media noite xurdiu un incendio no que aínda traballan os servicios de emerxencias. O incendio foi de gran magnitude, o que chegou a destruir por completo un serradoiro de Santiago de Oliveira, Ponteareas. A zona industrial, incluidas as oficinas quedaron calcinadas, tal como informaron os bombeiros do Baixo Miño. Por sorte só houbo que lamentar danos materiais. A intensidade do incendio obrigou a que os efectivos da zona tiveran que pedir axuda aos parques do Morrazo, Ribadumia e Mos. Na mañá do día de hoxe os bombeiros da comarca do Morrazo continúa no lugar intentando refrixerar a zona. Ao ser un serradoiro, o incendio avanzou a pasos axigantados, polo que se complicaron as labores de extinción do incendio.

O CAE 112 Galicia activou o operativo ás 00:20 horas de hoxe grazas ás chamadas de varios veciños que se decataron do lume. Foi a partir deste momento no que o Servicio de Emerxencias de Galicia avisaron ás forzas da orde e ás autoridades da Consellería de Medio Ambiente. Os voluntarios de Protección Civil de Cangas e Porriño e os integrantes do GES da Guarda tamén participaron para poder arranxar o incendio o máis axiña posible.

Finalmente, os efectivos avisaron a Unión Fenosa, para poder suspender o subministro na zona mentres duran as labores do lume, algo necesario para non lamentar danos maiores.