O tráfico de mercancías mantívose en boas cifras no porto de Vigo durante o pasado ano pero non foi así no que se refire aos cruceiros prácticamente desperecidos dende o inicio da pandemia. Agárdase que este 2022, sexa o ano da recuperación, 90 escalas, e se a evolución da pandemia é favorable máis de 175.000 turistas chegarían a Vigo. Almuiña aposta pola alianza e colaboración de todos os portos do Atlántico para compertir co Mediterráneo que aínda ten unha notable ventaxa neste tipo de turismo de cruceiros . En Vigo constituise o comité de turismo do porto de Vigo no que están representantes da Xunta, do concello, da hostelería ou do comercio.