Haberá dous niveis ao igual que no resto da hostelería. O que marca a diferencia entre un e outro é o certificado de vacinación. A xunta volverá solicitar autorización ao Tribunal Superior de Xustiza para implantar este sistema ao que se poderán acoller os pubs e discotecas que queran abrir ata as catro da mañá e cun aforo do 75%. De momento, non logran o seu obxetivo de volver aos horarios e ocupacións de antes da pandemia, pero o sector está moderadamente satisfeito,
De obter o visto bó da xustiza, a medida podería poñerse en marcha a partir da vindeira fin de semana.