Como é xeral na xente máis nova, o servizo de compartir coche ofrecido por algunhas páxinas web está cada vez máis ao día. A xente soe quedar contenta con estas viaxes compartidas, que se reflexan logo nas opinións dos usuarios.
Porén non é o que sucedeu hai uns días cando un usuario compartiu unha viaxe Vigo-Ourense; ao que decidiu acompañar Esther, que tras mercar o "billete" decidiu cancelalo pola contestación que lle ofreceu o conductor. Iago Varela, o autor da publicación da viaxe contestou a Esther en galego:
Varela recibiu a mensaxe que dicía: "Hola, soy Esther. Acabo de reservar una plaza contigo en Blablacar para ir contigo de Vigo a Ourense mañana. En dónde me podrías recoger? Y dónde me dejarías?" A resposta do conductor foi: "Olá! Pois o máis cómodo sería recollerche en Praza América ou Praza de España? vaiche ben? En Ourense podémolo mirar, dáme un pouco o mesmo algún sitio do centro". Esther contestou rotundamente: "Ah pero hablas en gallego y no lo entiendo bien. Mejor reservo en otro coche, gracias".
A usuaria debeu abonar a metade da viaxe por anular a mesma con menos de 24 horas de antelación. As mensaxes nas redes sociais foron firmes; críticas por "faltar ao respecto a Esther" ao contestar Varela na súa lingua materna. Tamén mensaxes de apoio ao canto de "Hai xente que non sabe que existen os traductores" ou "o respecto non se trata de contestar na mesma lingua que che falan, o respecto é tolerar que usas unha lingua oficial no teu país". Ademais tamén se criticou o topónimo non oficial usado por Esther "Orense", no cal na lista elaborada pola Xunta sobre todos os topónimos de Galicia establece claramente que a forma oficial deste nome propio é "Ourense".
Finalmente, Iago Varela, pechou o debate con un chío: "Se pensas "se che falan en X, tes que responder en X", e non vale calquera lingua para X, é que pensas que hai linguas mellores e peores".