8M

Voces esquecidas. As mulleres do Hospital de Conxo

O Arquivo de Galicia recolle nunha mostra fotografías, diagnósticos e historias clínicas das mulleres ingresadas no Hospital Psiquiátrico de Conxo inaugurado en 1885. Recolle a historia de algunhas destas mulleres que foron tratadas como "tolas" por comportamentos que transgredían o rol de xénero e que se consideraba enfermidade mental na época.

Redacción

Santiago de Compostela | 08.03.2023 20:10