O Executivo pón o foco no gasto social

A Xunta aproba os Orzamentos de 12.620 millóns de euros para 2023

As contas superan en 21 millóns de euros o teito de gasto aprobado para 2023. A Xunta calcula que o PIB medrará un 3'6%. 9.368 millóns de euros irán a gasto social; a cifra máis elevada para este fin nuns presupostos autonómicos. O Goberno galego estima que as rebaixas fiscais, asociadas a estes orzamentos, suporán un aforro de 128 millóns de euros para os cidadáns. En Onda Cero Galicia resumimos os principais titulares dos presupostos aprobados nas últimas horas polo Consello da Xunta.

ondacero.es

Galicia | 18.10.2022 15:10