Reto Demográfico
08/02/2022 08:09
Convenio con Abanca para o programa ChegOU
O presidente provincial asinou co director territorial de Abanca o marco anual de colaboración. Manuel Baltar remarca o carácter “innovador” deste programa activado en 2014 entre as deputacións galegas e agradeceu a implicación de Abanca.
A Deputación reservou para este ano 300.000 euros para o fomento da natalidade. As axudas increméntanse en función da situación demográfica do concello de residencia, cun máximo de 500 euros por neno.
Deputación, Abanca e o Concello de Pereiro de Aguiar tamén asinaron un acordo para axilizar o programa municipal Benvido ó Pereiro.